black and brown leather padded tub sofa

Produtos de tempada, da nosa horta á túa mesa

En Aloumiños da Terra cultivamos con respecto, paciencia e conciencia. Produto local, fresco e con historia, para comer mellor e máis preto da terra.

O que che ofrecemos

Produtos de horta

verduras e hortalizas de tempada, cultivadas con aloumiños.

Os nosos imprescindibles

allo (e allo negro) e aromáticas, o corazón da horta.

Un proxecto con valores

proximidade, biodiversidade e respecto polos ciclos naturais.

Experiencias na horta

visitas e actividades para reconectar co esencial.

🧄 Escolle os produtos ou cóntanos que che apetece

💬 Confirmámosche dispoñibilidade e prezo por WhatsApp

🛒 Preparamos o pedido e coordinamos a entrega

💳 Pagamento en efectivo o a través de Bizum/transferencia

Moi doado: escríbenos por WhatsApp, confirmámosche dispoñibilidade e preparamos o teu pedido con produto fresco e de tempada.

Como podo realizar o pedido?

Únete ao noso canal de WhatsApp!

Cada venres compartimos a lista de produtos dispoñibles e o seus prezos. Unha forma sinxela de estar ao día das novidades da horta e facer os teus pedidos con maior axilidade.

Os nosos destacados

Hai produtos que nos definen. Estes son algúns dos que mellor contan quen somos.

Allo Negro: suave, aromático e con carácter propio.

Saber máis

Aromáticas: frescas ou deshidratadas, para cociñar con tempada e paisaxe.

Saber máis

Verdura de tempada: o que dá a horta en cada momento, sen forzar os ritmos.

Saber máis

Aloumiños da Terra naceu do amor pola terra e do desexo de cultivar con respecto. Detrás está Rosi, bióloga e agricultora, coidando cada proceso de forma manual e construíndo un proxecto que medra ao ritmo da natureza.

Unha horta pequena, un compromiso enorme

Gustaríache visitar a horta?

A horta tamén é un espazo para aprender, observar e reconectar: visitas guiadas, obradoiros e actividades para familias, asociacións ou centros.

Compromisos que nos acompañan

Formamos parte de Slow Food Compostela e do SPG A Gavela, redes que comparten unha visión de alimentación boa, limpa e xusta, e dunha agricultura sostible e de proximidade.

Queres pedir ou tes dúbidas?

Escríbenos e axudámoste a elixir segundo a tempada e a dispoñibilidade.