
Servizos
Os nosos servizos: conexión coa terra e educación ambiental
En Aloumiños da Terra non só cultivamos alimentos, senón tamén valores e conciencia ambiental. Por iso, ademais da produción sostible, ofrecemos diferentes servizos que achegan o rural ás persoas e fomentan o respecto pola natureza.
Actividades adaptadas a diferentes idades e grupos (escolares, campamentos, asociacións, familias) para coñecer de preto o mundo da agricultura sostible. Inclúen recepción, percorrido pola horta, actividades prácticas (dependendo da estación do ano) e un momento de calma e reflexión no Bosque das Fadas.


Deseñamos, poñemos en marcha e dinamizamos hortas en colexios, fomentando o contacto directo coa terra e o respecto polo medio ambiente dende a infancia. Os nenos e nenas aprenden facendo: sementando, coidando e observando os procesos naturais que dan vida aos alimentos.
Propoñemos talleres participativos centrados na observación da natureza, os ciclos vitais das plantas, o coidado do solo e a soberanía alimentaria, fomentando a aprendizaxe a través da experiencia directa.




Visitas guiadas á horta
Hortas escolares
Obraodiros e educación ambiental
Subministramos produtos frescos e de calidade a comedores sostibles e tendas ecolóxicas, ofrecendo un servizo de proximidade e confianza, cunha trazabilidade transparente dende a horta ata o prato.


Ofrecemos servizo de entrega directa ao fogar, para que as persoas poidan gozar de produtos de tempada, frescos e libres de químicos, sen moverse da casa. O reparto realízase con embalaxes sostibles e reutilizables, reforzando o noso compromiso co medio ambiente.


Colaboración con comedores e tendas eco
Reparto a domicilio
Cada servizo que ofrecemos busca inspirar, educar e reconectar ás persoas coa orixe do que comen.
Aloumiños da terra.
Da nosa horta, a tu mesa.
CONTACTO
Accesibilidade
Aviso legal
Política de cookies
Política de privacidad
© 2026 Aloumiños da terra. Diseño web A Meiga.
LEGALES
NAVEGACIÓN
Agualevada 25, Areas, Ponteareas (Pontevedra)
626 199 479
info@aloumiñosdaterra.com
Inicio
Coñécenos
Servizos
Produtos
Visita á horta
Blog
Preguntas frecuentes
Contacto
