Cabaza cacahuete
€2.50
A cabaza cacahuete, tamén coñecida como butternut, destaca pola súa polpa densa, doce e moi aromática. Ten unha textura fina e agradable, polo que resulta perfecta para cremas, purés e pratos reconfortantes.
É unha cabaza moi cómoda na cociña e cun sabor suave que gusta moito. Un deses produtos de outono e inverno que encaixan moi ben en receitas sinxelas e saborosas.
Cultivo
É unha planta vigorosa de verán, que precisa espazo, calor e solos ricos en materia orgánica. Madura a finais do verán e no outono, cando a polpa alcanza o seu mellor punto.
Tempada
Outono e inverno.
Como usalo
Vai moi ben en cremas, asada ao forno, en purés, guisos, risottos ou como base de recheos.
Como conservalo
En lugar fresco, seco e aireado aguanta varios meses. Unha vez aberta, mellor na neveira e ben tapada.
Consellos prácticos
Asada enteira ou en anacos concentra moito o seu dulzor natural e gaña aínda máis sabor.
Tes unha tenda?
Consúltanos prezos e condicións especiais para profesionais.
Produtos favoritos
Aloumiños da terra.
Da nosa horta, a tu mesa.
CONTACTO
Accesibilidade
Aviso legal
Política de cookies
Política de privacidad
© 2026 Aloumiños da terra. Diseño web A Meiga.
LEGALES
NAVEGACIÓN
Agualevada 25, Areas, Ponteareas (Pontevedra)
626 199 479
info@aloumiñosdaterra.com
Inicio
Coñécenos
Servizos
Produtos
Visita á horta
Blog
Preguntas frecuentes
Contacto
