Cabaza violín

€2.50

A cabaza violín destaca pola súa forma alongada, a súa polpa fina e o seu sabor doce e delicado. As sementes concéntranse na parte inferior, polo que resulta moi práctica de preparar e aproveitar.

É unha cabaza moi agradecida para quen busca texturas suaves e cremosas. Ten un sabor limpo, agradable e moi bo para pratos reconfortantes.

Cultivo
É un cultivo de verán, esixente en calor e solo fértil. A planta é rastreira e de gran vigor, e precisa espazo para desenvolverse ben.

Tempada
Outono e inverno.

Como usalo
Pódese empregar en cremas, purés, ao forno, en dados salteados, risottos ou pratos de culler.

Como conservalo
En lugar fresco e seco aguanta varios meses enteira. Unha vez aberta, mellor na neveira.

Consellos prácticos
É unha das mellores cabazas para facer cremas finas e sedosas sen necesidade de engadir moito máis.

Tes unha tenda?

Consúltanos prezos e condicións especiais para profesionais.

Produtos favoritos