Menta chocolate (20g)
Planta aromática deshidratada para infusión
€2.50
A menta chocolate é unha variedade de menta moi especial, coñecida polo seu aroma fresco e intenso, cun delicado matiz que lembra ao chocolate. As súas follas verdes, con tons avermellados nos talos e nervios, fan que tamén destaque pola súa beleza.
É unha aromática sorprendente e moi versátil, perfecta para preparar infusións, aromatizar bebidas, acompañar sobremesas ou dar un toque diferente ás túas receitas. Unha combinación deliciosa entre frescura e dozura que invita a experimentar na cociña.
Cultivo
Cultívase en solos fértiles, frescos e ricos en materia orgánica, preferiblemente con boa humidade e ben drenados. Agradece os lugares soleados ou de semisombra. É unha planta vivaz e moi vigorosa, que se estende facilmente mediante os seus rizomas. A colleita das follas realízase preferiblemente antes da floración, cando conservan todo o seu aroma.
Tempada
Primavera e verán, aínda que pode manterse durante boa parte do ano en condicións favorables.
Infusión fresca e aromática
Deixar repousar 5-6 min
Tes unha tenda?
Consúltanos prezos e condicións especiais para profesionais.
Produtos favoritos
Aloumiños da terra.
Da nosa horta, a tu mesa.
CONTACTO
© 2026 Aloumiños da terra. Diseño web A Meiga.
LEGALES
NAVEGACIÓN
