Mezclum

€1.60

O mezclum de Aloumiños da Terra é unha mestura de follas tenras e flor comestible que cambia segundo a tempada. Esa diversidade fai que sexa máis rico en textura, cor e matices, pasando de sabores suaves a outros algo máis amargos ou picantes.

É unha forma moi bonita e práctica de levar a biodiversidade da horta directamente ao prato. Fresco, vistoso e moi agradecido para ensaladas sinxelas onde o produto sexa protagonista.

Cultivo
Cada especie cultívase por separado, respectando os seus tempos e necesidades. A colleita é manual e o mezclum compónse xusto antes da entrega para garantir máxima frescura.

Tempada
Principalmente outono, inverno e primavera.

Como usalo
Como base de ensaladas, acompañamento de pratos principais, con froita, queixos, froitos secos, sementes, peixe ou simplemente cun bo aceite de oliva.

Como conservalo
Na neveira, en recipiente pechado ou bolsa con algo de ventilación, preferiblemente con papel absorbente.

Consellos prácticos
Lava e seca xusto antes de usar. Non aliñes ata servir para manter as follas firmes e frescas.

Tes unha tenda?

Consúltanos prezos e condicións especiais para profesionais.

Produtos favoritos