Pemento lamullo vermello
€4.50
O pemento lamullo vermello é carnoso, zumento e máis doce ca o verde. Ao madurar na planta gaña intensidade, aroma e unha textura moi agradable, o que o converte nun produto moi completo e moi agradecido na cociña.
É un pemento de sabor redondo e amable, perfecto para receitas onde se busca dozura natural e boa presenza no prato.
Cultivo
Ten o mesmo manexo ca o lamullo verde, pero precisa máis tempo de maduración na planta para desenvolver a cor vermella e todo o seu sabor. É un cultivo de verán que agradece sol, calor, solos fértiles e regos regulares.
Tempada
Verán e comezos do outono.
Como usalo
Asado, en tiras, en escalivadas, cremas, salsas, recheos ou como protagonista de pratos principais.
Como conservalo
Na neveira, varios días, ou xa asado e conservado en aceite.
Consellos prácticos
Asado ao forno ou á brasa desenvolve todo o seu potencial doce e aromático.
Tes unha tenda?
Consúltanos prezos e condicións especiais para profesionais.
Produtos favoritos
Aloumiños da terra.
Da nosa horta, a tu mesa.
CONTACTO
© 2026 Aloumiños da terra. Diseño web A Meiga.
LEGALES
NAVEGACIÓN
