Tomate cheroke

O tomate Cherokee é unha variedade tradicional de froitos grandes e tonalidades escuras entre vermello e púrpura. Ten a polpa densa, moi zumenta e un perfil aromático complexo, cunha dozura natural equilibrada por unha acidez suave.

É un tomate con moita personalidade, deses que non pasan desapercibidos. Ideal para quen busca algo máis fondo, máis aromático e menos convencional.

Cultivo
É un cultivo estival que precisa sol, calor, tutorado e regos regulares para desenvolver ben os froitos e o seu sabor. Como o resto dos tomates grandes, agradece solos ricos e boa ventilación.

Tempada
Verán e comezos do outono.

Como usalo
Perfecto en cru, en ensaladas especiais, en rodaxas con aceite e sal, con queixos suaves ou en pratos moi sinxelos onde poida lucirse.

Como conservalo
Fóra da neveira, en lugar fresco e ventilado, salvo que estea moi maduro ou xa aberto.

Consellos prácticos
É un tomate para servir a temperatura ambiente e con poucos ingredientes. Canto menos o disfrazes, mellor.

Tes unha tenda?

Consúltanos prezos e condicións especiais para profesionais.

Produtos favoritos